domingo, 15 de abril de 2012

ACTIVIDADES

Dende a ANPA RIO CABE  ofrecemosvos a posibilidade de realizar novas actividades, algunhas delas adicadas ós pais/nais, entre as cales están as seguintes:


Técnicas de estudo


Emprego das tecnoloxías de información e comunicación


Habilidades sociais e persoais


Taller de Resolución de conflitos


Escola de pais e nais


Introdución ao inglés para pais e nais


Familia e redes sociais


Familia e novas tecnoloxías


Excursións e viaxes culturais:
Rutas naturais que nos convidan ao contacto coa natureza coma Os
Ancares en Lugo, A Praia das Catedrais ou os Canóns do Sil* en
Ourense.
Visitas culturais a pobos e cidades coma Santiago de Compostela,
Combarro en Pontevedra ou Ribadavia en Ourense onde coñecer a
historia da cultura galega.
Excursións aos Castros de Santa Tegra en A Guarda (Pontevedra) ou os
Castros de Baroña en Porto do Son (A Coruña) onde nos achegamos
ao pasado celta de Galicia.


Centros de Ciencia e Natureza


Obradoiro de Apicultura


Museos e Exposicións de Arte:
Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela, CGAC (Centro Galego de Arte
Contemporánea) en Santiago de Compostela, Centro Arqueolóxico
de San Roque en Lugo, Museo Municipal de Ourense, Museo de Arte
Contemporánea de Vigo (MARCO), Museo Etnográfico Liste de Vigo.


Se estades interesados nalgunha delas,  poñedevos en contacto connosco no correo da Anpa: anpariocabe@gmail.com