lunes, 3 de octubre de 2011

A nosa primeira excursión

Estamos a preparar a primeira actividade deste curso. A idea é a seguinte:

O vindeiro domingo, 23 de outubro,  celebraremos unha ruta de sendeirismo, que consistirá  en  que   diferentes grupos de pais e alumnos  deberán percorrer un tramo do río, onde  a través de diversas pistas e superando variadas probas,  conseguirán desvelar o segredo que garda o Cabe.
Ás 08:49 horas será a saída desde a estación de Renfe.
Ás 09: 00 horas chegada a estación de Areas.
A volta será as 17:22 horas,  con chegada a Monforte ás 17:36 horas, aproximadamente.
Non se trata de camiñar moito, senón de traballar en equipo e disfrutar da natureza  todos xuntos.
O precio variará segundo o número de persoas, pero coidamos que será de 10 a 15 euros por persoa, viaxe  en tren e monitores incluidos.
 Estamos a barallar varias opcións para a comida, das que vos informaremos en breve.
Pregamos a tod@s os interesad@s, vos poñades en contacto connosco no enderezo anpariocabe@gmail.com ou neste blogue canto antes.
Tamén teremos en conta calquera suxerencia, para esta actividade ou para calquera outra que poda ser do voso agrado.

Un saúdo.