O vindeiro domingo, 23 de outubro, celebraremos unha ruta de sendeirismo, que consistirá en que diferentes grupos de pais e alumnos deberán percorrer un tramo do río, onde a través de diversas pistas e superando variadas probas, conseguirán desvelar o segredo que garda o Cabe.
Ás 08:49 horas será a saída desde a estación de Renfe.
Ás 09: 00 horas chegada a estación de Areas.
A volta será as 17:22 horas, con chegada a Monforte ás 17:36 horas, aproximadamente.
Non se trata de camiñar moito, senón de traballar en equipo e disfrutar da natureza todos xuntos.
O precio variará segundo o número de persoas, pero coidamos que será de 10 a 15 euros por persoa, viaxe en tren e monitores incluidos.
Estamos a barallar varias opcións para a comida, das que vos informaremos en breve.
Pregamos a tod@s os interesad@s, vos poñades en contacto connosco no enderezo anpariocabe@gmail.com ou neste blogue canto antes.
Tamén teremos en conta calquera suxerencia, para esta actividade ou para calquera outra que poda ser do voso agrado.
Gracias Teresa por el link
ResponderEliminar